Arrinca a primeira das 8 actividades de apoio ao emprendemento dos Orzamentos Participativos

Deu comezo hoxe a primeira das accións en prol do emprendemento que organiza o Concello de Lugo en base ás peticións dos cidadáns a través dos orzamentos participativos. Así, as concelleiras de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e de Economía e Emprego, Ana Prieto, acompañaron aos participantes no programa denominado 3 Cs: Capital Creativo Competitivo; unha iniciativa que ofrecerá a 20 empresas e emprendedores capacitación e asesoramento personalizado para definir e reinventar os seus modelos de negocio, co obxectivo de descubrir e implementar metodoloxías creativas que melloren a súa capacidade competitiva.

Na visita tamén estivo un técnico do CEI-NODUS, Norman Veiga, representantes de AJE (encargados de presentar a iniciativa no proceso activado polo Goberno de Orzamentos Participativos) e o asesor desta actividade. O Programa 3C: Capital Creativo Competitivo desenvolverase ata finais de marzo. O asesor adaptarase ás circunstancias horarias de cada empresa, mantendo reunións coas persoas interesadas ben en xornada de mañá ou de tarde, de luns a sábado.

Encargarse das evaluacións previas, implementación de ferramentas, acompañamento para evaluación continua e aplicar medidas correctoras ata a evaluación final. As propostas relacionadas co emprendemento supuxeron o 30% das totais da campaña de participación cidadá.

Xunto a este programa, os outros 7 proxectos de emprendemento que desenvolverá o Concello no marco dos Orzamentos Participativos son fundamentalmente accións formativas, de capacitación e asesoramento a cargo de expertos dirixidas á xuventude, mulleres, autónomos e Pemes co fin de implantar ou mellorar unha actividade empresarial a través das novas tecnoloxías, a innovación e a creatividade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com