Arroxo: “o PP non se atreve a recoñecer que o bus funciona ben, e trata de xerar desconfianza”

Rubén Arroxo saiu ao paso das acusacións do Partido Popular, por voz de Antonio Ameijide en relación á desvinculación dos percorridos do bus e do plan de mobilidade. O Tenente de alcalde sinalou que “o vicevoceiro do PP solo pretende crear unha alarma estéril e infundada a través da prensa, e esta é unha das artimañas do grupo da oposición pero non deben sementar dúbidas en calquera caso”.

As subvención que proveñen do estado para o funcionamento do servizo de transporte público sempre foron tramitadas seguindo o procedemento regulado e, en calquera caso, “o sr. Ameijide formou parte da mesa de transportes en todas as súas reunións, e se tiña calquera dúbida debería tela posta enriba da mesa durante o proceso”.

“O PP ten que decir algo sobre o funcionamento do bus, que é modélico, e non se atreve a decir que funciona ben, que gaña persoas usuarias e que acaido a Lugo” resaltou Rubén Arroxo e engadiu “busca artimañas para sair, como grupo da oposición tratando de xerar desconfianza e o sr. Ameijide préstase a este xogo a pesares de saber que non é certo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com