As piscinas municipais estrean horarios este domingo

Este domingo entrará en vigor o novo contrato para a xestión das instalacións deportivas municipais que, entre outras melloras, inclúe a ampliación de horarios has piscinas municipais de Frigsa e as Pedreiras.

“Dende o 1 de decembro as piscinas cubertas de Frigsa abrirán as súas portas ás 7 da mañá, unha hora antes que ata o de agora, para que os usuarios poidan facer uso delas, se o desexan, antes de ir traballar. E no caso das Pedreiras, as instalacións non pecharán ao mediodía en días laborais e poderán empregarse tamén os domingos pola mañá”, sinala o concelleiro de Deportes.

Miguel Fernández indica que os pregos que rixen a nova adxudicación foron realizados tendo en conta as necesidades da cidadanía co obxecto de poder ofrecer un servizo máis eficaz.

“Non só falamos de aumentar o horario senón tamén doutras cuestións igualmente relevantes como a limpeza da totalidade das dependencias incluído pavimento, portas, fiestras e cristais, mobiliario, zonas e beirarrúas exteriores ou o correcto mantemento das instalacións e das zonas verdes, a mellora da atención ao público, o seguimento das queixas e suxestións realizadas así como o incremento dos medios dispoñibles para dar unha resposta áxil as posibles incidencias que poidan producirse”, concluíu Miguel Fernández.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo