Asalto de romanos e castrexos aos locais comerciais e de hostalería de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería de Lugo, Cheché Real, presentaron este xoves as bases que rexerán o concurso de decoración de escaparates de establecementos e o certame de ornamentación de locais de hostelería do Arde Lvcvs. Trátase de dúas iniciativas postas en marcha polo Concello en colaboración con ambos colectivos da cidade co obxecto de promover entre os locais e establecementos a decoración con matices romanos e castrexos, facéndoos máis atractivos, e ataviandóos de cara estes festexos, que terán lugar do 15 ao 17 de xuño, tal e como explicou Basadre.

Poderán participar todos os establecementos comerciais e locais de hostelería que se atopen no termo municipal de Lugo. As insrición, que son gratuítas, poderán facerse dende o 1 ao 20 de maio a través do teléfono 010. Outorgaranse tres premios en cada certame, un primeiro de 1.000, un segundo de 500 e un terceiro de 300. Os escaparates terán que ser exhibidos, como mínimo, do 4 ao 17 de xuño, último día destes festexos de recreación histórica; ao igual que os locais de hosterían deberán estar decorados ao longo desas mesmas datas; e terán que acreditar a súa participación situando, nun lugar visible, o distintivo proporcionado polo Concello.

Un xurado profesional será o encargado de escoller os establecementos comerciais e locais gañadores. As persoas que conforman o xurado visitarán as instalacións para a valoración e concederán, segundo o seu criterio, os premios que consideren oportunos, reservándose a posibilidade de declarar desertos os que estimen convinte. Valorarase, entre outros aspectos, os materiais empregados, a dificultade do proceso de elaboración, a orixinalidade ou a vistosidade.

Seijas e Real coincidiron en agradecer ao Concello a organización desta iniciativa e animaron aos asociados a participar e preparar os seus locais e establecementos para ambientar e enxalzar unha festa máis que asentada, que busca ser declarada de interese internacional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com