Atopada semiinconsciente no seu piso en Lugo unha moza de 18 anos

A Policía Local recibía o aviso ás 14 h. Unha moza de 18 anos atopábase encerrada no seu piso na avenida de Magoi, no número 134. Ata o lugar desprazáronse efectivos do corpo municipal, da Policía Nacional, unha Ambulancia, un cerraxeiro e os bombeiros, pero estes últimos non chegaron a actuar. Os pais e demais familiares da moza, que responde ás iniciais I.D.L., tamén se atopaban no lugar.

Cando o cerraxeiro conseguiu abrir a porta, o persoal de emerxencias e os corpos de seguridade atoparon á rapaza tumbada na cama, inmóbil, semiinconsciente e con 41 graos de febre. Nun primeiro momento os médicos sospeitaron dunha meninxite, polo que foi trasladada de inmediato ata o HULA, aínda que polo de agora non puido ser confirmado se padecía esta enfermidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com