" />

Aumentan as empresas nas Gándaras grazas aos incentivos do Concello

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores bonificacións a seis novas naves instaladas no Polígono Industrial das Gándaras. Estas bonificacións xa foran aprobadas no Pleno do mes de xullo e supoñen unha rebaixa do 50% na cota do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

Segundo informou o voceiro municipal, Miguel Fernández, “estas medidas responden á clara aposta do Goberno Local polo apoio á creación de empresas e que conleva novos postos de traballo, co que se fomenta o emprego na cidade”, unha prioridade para o equipo que dirixe Lara Méndez.

Policía Local

A Xunta de Goberno autorizou ao persoal que forma parte dos turnos rotatorios, patrulla verde e unidade administrativa da Policía Local, para que durante o mes de outubro poidan realizar servizos de urxencia con motivo de poder atender calquera eventualidade que poida xurdir, especialmente pola celebracións das festas do San Froilán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo