" />

Aumentan lixeiramente na provincia os casos activos de Covid tras se detectar un gromo entre a mocidade da capital

Xornada de aumento nos contaxios na provincia, con 14 infeccións detectadas por PCR nun xoves no que soben tamén os casos activos logo de se detectar un gromo con poucos casos entre a mocidade da capital.

Así, o último informe do SERGAS, con datos recompilados ata as 6 da tarde de onte, revela un total de 174 casos activos, 5 máis que na xornada de onte na que non aumentara ningún caso. Como dicíamos soben os contaxios que hoxe chegan aos 14, dous máis que no día de onte, un aumento leve que, por outra banda, tende a darse hacia os finais de semana. 

Pola contra, descenden as altas médicas, en total dende o inicio da pandemia son 11821 as persoas que se curaron, 7 delas nas últimas horas. Un baixón importante se temos en conta que na xornada anterior foran 11 os pacientes covid que recibiran a alta. 

Este aumento de casos, debido ao aumento nos contaxios e á disminución das altas, vén da man hoxe dun novo ingreso hospitalario; así son 11 as persoas que se atopan hospitalizadas pola covid, 3 delas na UCI do Hula e as restantes en unidades convencinais, 6 no HULA e 2 no Hospital da Mariña.

E continúan a aparecer na provincia varios gromos de covid trala Semana Santa, algo que, por outro lado, era de esperar. O último de 15 persoas, está a darse na capital nos últimos días, e está centrado na mocidade. Na súa maioría os positivos detectados son mozos de arredor dos vinte anos que, ao parecer, participaran nas xuntanzas de estudantes que se ocorreron durante a semana santa. Malia que a gran maioría, como diciamos son mozos, nos últimos días estanse a localizar tamén positivos entre os seus familiares como pais e irmáns. SAnidade está a facer cribados entre os círculos de achegados destes mozos e promove tamén a realización de probas entre os clientes dos bares nos que estes rapaces recoñeceron ter estado neses días.

Doutra banda, o gromo da Mariña continúa activo e xa suma unha corentena de positivos. Segundo informan dende a área sanitaria, os catro casos atopados no cribado de Barreiros tamén forman parte dese gromo. Polo momento hai casos en BArreiros, TRabada, Ribadeo, Burela, Foz, Mondoñedo e Cervo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo