" />

Aumentan un 27% os mortos en accidente de tráfico en Lugo no que vai de ano

No que vai de ano, 23 persoas perderon a vida nas estradas da provincia de Lugo. Trátase de seis máis que no mesmo período do ano pasado, o que en porcentaxe supón un 27%. Así o revelaba esta mañá o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, tras participar este mediodía nun minuto de silencio en recordo das vítimas de accidentes de tráfico.

Carballo lamentou o repunte rexistrado este ano con respecto ao ano anterior, se ben lembrou que a sinistralidade se reduciu notablemente nos últimos anos. De feito, en 2003 o número de falecidos fora de 82, e en 2008 de 49, por poñer algúns exemplos.

No acto participaron ademais outras autoridades das distintas administracións, representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e membros de asociacións de vítimas, coa intención de chamar a atención sobre a traxedia persoal e social que supoñen estes sinistros e avivar conciencias para estimular á sociedade na loita común contra esta problemática.

Deste xeito, Ramón Carballo fixo un chamamento “á prudencia e ao cumprimento das normas de circulación” para evitar as mortes nas estradas. “Todos estamos implicados no tráfico, sexa como condutores ou como peóns, e por iso debemos concienciarnos e adoptar comportamentos responsables para frear a sinistralidade”, engadiu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo