Baixa o número de infectados por Coronavirus na Área de Lugo

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de Coronavirus en Lugo é de 848, sete menos que onte. En Galicia o toatal é de 4.336 deles 1.340 son da área da Coruña,486 da de Ourense, 439 da de Pontevedra, 364 da área de Vigo, 679 da de Santiago, e 180 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 206 en unidades de hospitalización e 4.102 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.933 persoas curadas, rexistrándose 679 falecementos. As últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron un home de 77 anos que estaba ingresado no CHUAC e unha muller de 87 anos anos que estaba ingresada no HULA. Ambos presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 389.608.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com