" />

Baixan por primeira vez os afectados en Lugo por Coronavirus, tres menos que onte

Segundo ven de informa a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en Lugo hai nestes momentos 555 infectados, onte eran 558, polo que a baixada é de tres doentes menos. Por primeira vez o número de infectados polo andazo baixa en Lugo e provincia.

Como diciamos, a Consellería de Sanidade informou que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.175, deles 1.058 son da área da Coruña, 555 da de Lugo, 921 da de Ourense, 444 da de Pontevedra, 1.075 da área de Vigo, 816 da de Santiago, e 306 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 169 permanecen en UCI, 893 están en unidades de hospitalización e 4.113 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 587 altas de pacientes e 182 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 28.191.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo