Balseiro: “As portas abertas do cuartel será unha oportunidade para comprobar o mal estado no que o goberno local mantén un edificio municipal”

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, asegurou que a xornada de portas abertas que o Concello de Lugo programou para o antigo cuartel de San Fernando é unha oportunidade para que a veciñanza poda comprobar, en primeira persoa, “o mal estado no que o Goberno local mantén un edificio, que eles mesmos recoñecen  é de titularidade municipal”. Polo tanto, advertiu, “esta situación é responsabilidade directa da Concello”

Balseiro tamén confirma “que ata o de agora” a Xunta non ten constancia de ningunha petición formal do Concello de Lugo na que se solicite a colaboración da administración autonómica para a execución de novas obras de rehabilitación neste inmoble municipal. Con todo, o delegado lembrou que a Xunta, “a pesar de non ser un inmoble da súa titularidade, financiou unha intervención de mellora hai algún tempo (no 2016), na que a Xunta e o Concello investiron cada unha 90.000 euros”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 07, 2019 - 11:25 PM

    Uns por outros e o edificio caendo. Os edificios públicos de Lugo serán competencia de Ubeda e da xunta de Andalucía

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo