Balseiro novo presidente da comisión de pesca e marisqueo do Parlamento de Galicia

O deputado do Grupo Parlamentario Popular pola provincia e Delegado da Xunta en Lugo na pasada lexislatura José Manuel Balseiro, foi elixido presidente da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, na sesión celebrada no día de hoxe, no Pazo do Hórreo. O parlamentario mariñán substitúe nesta función ao seu compañeiro Alberto Pazos, que renunciou a esta responsabilidade.

A Comisión de Pesca e Marisqueo ten carácter lexislativo e permanente e é un dos instrumentos máis importantes do traballo parlamentario, pois debate os proxectos, proposición e asuntos relacionados co ámbito dos profesionais da pesca e do marisqueo, así como as iniciativas lexislativas -tras a súa tramitación en pleno- sobre asuntos relacionados coa Consellería do Mar. Neste órgano tamén se aproban e debaten iniciativas de control (preguntas ao goberno) e impulso á acción do goberno da Xunta (proposición non de lei)

Balseiro Orol leva cinco lexislaturas sendo parlamentario pola provincia de Lugo no Parlamento Galego.. No período 2009 a 2016 foi Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia e dentro do Grupo Parlamentario Popular responsabilizouse da portavocía do Mar, Montes e Incendios.

Tamén exerce como coordinador comarcal do Partido Popular da Mariña lucense, tras ser elixido co voto directo dos militantes desta bisbarra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com