" />

Barreiro afirma que “BNG e PSOE son a cara máis escura da política”

O presidente provincial do Partido Popular en Lugo, Jose Manuel Barreiro, ofreceu esta tarde unha rolda de prensa na sede do PP en Lugo, para facer unha valoración ao respecto do acontecido esta mañá na Deputación provincial de Lugo, na que representantes do BNG e máis o PSOE rexistraron unha moción de censura contra a presidenta popular, Elena Candia. Fíxoo acompañado do Secretario Xeral, Jose Manuel Balseiro, da Presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia e dos deputados provinciais do PP neste organismo.

Barreiro comezou facendo balance dos preto de cen días de goberno de Candia, aos que cualificou de “goberno para todo o mundo, sen importar as cores políticas”. Agradeceulle asemade á Presidenta “tanto esforzo, traballo e dedicación neste tempo”.

Continuou facendo un percorrido cronolóxico polo proceso que levou a actual situación á Deputación de Lugo. “Comezou cando José Ramón Gómez Besteiro cortoulle a cabeza ao señor Orozco. Cortou despois dúas máis, a do responsable provincial socialista Juan Carlos González Santín, e máis ao elexido polos deputados socialistas en votación, o señor Manuel Martínez, que non pasou polo aro do Secretario Xeral dos socialistas galegos. O BNG afirmou que non deixaría que Martínez fose elexido presidente da Deputación, nin imputado nin sen imputar, así que o que eu me pregunto é qué mudou para que de súpeto todo cambiara e finalmente se chegara a un acordo con Martínez para que apoie con esta moción de censura o posible investimento como presidente do alcalde da Pontenova, Darío Campos”.

“Pedimos que se explique a todos os lucenses o que aconteceu durante todo este tempo, e que levou a esta moción infame, esperpéntica e escurantista. A miña opinión é que todo esto acontece para tapar as vergoñas tanto do señor Gómez Besteiro como dos problemas internos do PSOE e máis do BNG”.

“Non hai ningún motivo obxetivo polo que poda desacreditarse o xeito de gobernar de Elena Candia. Nós seguiremos traballando na mesma liña de entrega e dedicación para todos os lucenses, sen importar as cores políticas dos concellos da provincia”, concluíu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo