" />

Barreiro amosa o seu apoio para que o Goberno mellore a N-540

O voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, acompañado de deputados nacionais e senadores lucenses mantivo hoxe unha reunión cos alcaldes dos municipios de ambas as dúas provincias polos que pasa a N-540, a quen lles trasladou o seu apoio e a súa disposición para establecer as liñas de colaboración que sexan necesarias para que o Goberno Central continúe mellorando tanto esta estrada, así como o impulso doutra das arterias de comunicación que permitirán comunicar o Sur da provincia con Ourense, a A-56.

Neste senso, no marco deste apoio, Barreiro anunciou que antes de que remate o mes, concretamente o día 28, ás 17:00 horas, no Ministerio de Fomento, o Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño González, manterá unha xuntanza cos rexedores para informalos máis polo miúdo das intencións do Executivo de Rajoy respecto destas vías de comunicación e escoitar as súas propostas.

“Cremos que é importante esta reunión e así llo trasladei eu mesmo ao Secretario Xeral, pois é importante que, en primeiro lugar, se liciten e executen os treitos previstos, así como os demais”, sinalou Barreiro, ao tempo que defende que “isto non pode quedar aquí porque senón o que estariamos facendo é unha autovía a cachos, de aí a importancia da reunión no Ministerio para demandar que este proxecto teña continuidade”, afirmou.

A maiores, o popular explicoulles aos alcaldes que, precisamente, tanto a reforma da nacional 540 como o impulso da autovía xa figuran recollidos na moción que o Grupo do Partido Popular defenderá na Cámara Alta das Cortes Xerais, e que dá continuidade ao compromiso asumido publicamente hai unhas semanas polo propio ministro de Fomento, Íñigo de la Senra, na visita realizada a Lugo para dar conta da conexión ferroviaria permitirá comunicar esta provincia coa de Ourense e estar en Madrid en menos de catro horas.

Entrando na profundidade do obxecto da reunión, Barreiro sinalou que “pediremos que os Orzamentos do Estado inclúan a dotación económica suficiente para seguir impulsando a A- 56, cuxo treito San Martiño-A Barrela xa está en obras”. No mesmo lote, O voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, acompañado de deputados nacionais e senadores lucenses mantivo hoxe unha reunión cos alcaldes dos municipios de ambas as dúas provincias polos que pasa a N-540, a quen lles trasladou o seu apoio e a súa disposición para establecer as liñas de colaboración que sexan necesarias para que o Goberno Central continúe mellorando tanto esta estradainclúense os proxectos da variante Norte de Ourense e a A-76. Neste último caso, xa está licitado o contrato para a redacción do proxecto da variante de Monforte de Lemos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo