Barreiro: O Senado é garante de estabilidade

O portavoz do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro, afirmou que, “no contexto sociopolítico que vive España, o Senado é garantía de estabilidade”. Así, dixo que fronte ao desafío que están presentado as forzas independentistas en Cataluña, o Estado conta coa “posición firme e clara do Goberno” e o “contrapeso parlamentario e a garantía que supón o Senado” nestes momentos.

Nunha entrevista a unha radio madrileña, o portavoz dos populares, en relación á aplicación do artigo 155, sinalou que “existen mecanismos legais e políticos para evitar chegar a esas circunstancias”.

Neste sentido, explicou que “a proba diso estámola vendo estes días na Cámara Alta, onde se vai proceder á renovación dos catro membros do Tribunal Constitucional que lle corresponden ao Senado a través da Comisión de Nomeamentos, e onde a portavoz de ERC realizou as mesmas cinco preguntas aos candidatos e que tiñan que ver coa súa opinión sobre o referendo de Cataluña: ”A resposta sempre foi a mesma por parte de todos. Coa Lei na man iso non cabe”, remarcou.

Independencia da Xustiza

A preguntas dos xornalistas, José Manuel Barreiro asegurou que “nós cremos na independencia da Xustiza e actuamos para que esa independencia sexa real”.

Así, explicou que o Goberno estivo un ano en funcións e cando acabou ese período había unha serie de vacantes, por xubilación ou finalización de mandato, e a gran maioría das prazas cubríronse en base á recomendación do Consello Fiscal e “isto nunca ocorrerá”.

Futuro da Lexislatura

En opinión do portavoz do GPP “a lexislatura vai durar porque cre que as forzas políticas de Estado, Cidadáns, PSOE e PP, terían que pensarllo moito antes de forzar unhas eleccións”.

“Creo que o PSOE, sexa cal for o resultado da súa renovación, se forzan unhas novas eleccións, non será fácil explicalo á sociedade porque este país estivo sometido a eleccións de forma continua?, sinalou.” O sentido común ten que primar no PSOE e non podemos levar ao país a unhas novas eleccións, “desde logo o PP non o vai a facer”, dixo.

Por último, o portavoz do PP apelou á responsabilidade PSOE e Cidadáns a “non forzar unhas novas eleccións xa que como vimos hai pouco tempo, iso non é bo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com