" />

Benedicta Sánchez consegue o Goya á Mellor Actriz Revelación

A lucense Benedicta Sánchez conseguíu a pasada noite o Goya á Mellor Actriz Revelación, polo seu papel no filme “O que Arde” de Oliver Laxe.

Benedicta, de 84 anos e natural de O Corgo, recolleu  moi emocionada o seu Goya e agradeceu o premio a súa filla e a seus pais.

O filme “O que Arde” recibiu tamén o Goya na categoría de Dirección de Fotografía para Mauro Herce.

“O que Arde” do director Oliver Laxe, estaba nominada en catro categorías aos Premios Goya: Mellor Película, Mellor Dirección, Mellor Actriz Revelación e Mellor Dirección de Fotografía.

A película pode verse de mércores a domingo nos cines “Codex Cinema” en Lugo. Poden consultar os horarios na páxina www.codexcinema.com

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 26, 2020 - 04:38 PM

    Nunca e tarde para mostrar a valía. Esta muller deu un lección maxistral do que é a vida.
    Parabéns Benedicta

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo