Besteiro renuncia a ser o candidato á Xunta polo PSdG mentres medra a indignación dos socialistas lucenses pola nova investigación

O Secretario Xeral dos Socialistas anunciou esta tarde que non será candidato as primarias que o seu partido vai celebrar para escoller o candidato á Xunta de Galicia, nas vindeiras eleccións autonómicas, e polo tanto, a presidir a Xunta. O anuncio produciuse esta tarde, logo de que se soubera que a xuíza Pilar de Lara o estea a investigar na denominada “Operación Polbo”. Poren segue como Secretario Xeral do PsdG.

Horas antes o portavoz socialista na Deputación Provincial de Lugo, Álvaro Santos, dixera que “dá ganas de comezar esta rolda de prensa declarando en condición de investigado, unha situación que, na provincia de Lugo dá a impresión de que é doado encontrarse. Porque, hoxe, a condición de cargo público do PSOE socialista nesta provincia parece que transporta unha presunción de culpa “. Santos Ramos dixo que “cando onte soubemos destas investigacións, o primeiro comentario que recibín de alguén de fóra da política e do propio Concello de Lugo foi:  parece que rematan de convocarse as eleccións en xuño para a Xunta de Galicia. Isto invitoume a  reflexionar. Porque a posibilidade  de que Feijóo adiante as eleccións na súa estratexia electoral, facéndoas  coincidir coas  eleccións xerais, se se repiten, terían lugar a finais de xuño, é doado caer na razoamento lóxico de que o PSOE faría as primarias en Galicia na primeira quincena de maio, cando Besteiro está chamado a declarar”.

Non sei se é coincidencia ou non, continuou o voceiro socialista, pero “deixenme, dentro da miña ignorancia xurídica, que teña alomenos  dúbidas, que veñen refrendadas por unha historia xurídico-política na provincia de Lugo, e que afecta, directamente ou con maior intensidade, ao PSOE e á Deputación de Lugo nos últimos anos”.

Coincidencia dos tempos políticos e xurídicos

Santos tamén analiza as coincidencias no tempo,“Logo están as coincidencias dos tempos políticos e xurídicos, que moitos cidadáns se cuestionan”.

“Hai una primeira coincidencia, que é cando Besteiro da un paso firme para presentarse ás primarias da Secretaría Xeral do PSOE en Galicia, ala por finais do 2012. Nese momento, paralelamente, no xulgado de Instrución número 1 de Lugo empezase a falar do caso Garañón. Pero, curiosamente, mencionan a PSOE, Orozco e Besteiro, pero no se lembra do Partido Popular, que foi quen aprobou o Plan Xeral que da edificabilidade a ese edificio. É máis, o PP aprobou a construcción de varias torres no Garañón e o PSOE, posteriormente, reduciu a sua edificabilidade para aumentar as zonas verdes e baixar o seu volume”.

A segunda coincidencia. Besteiro deixa a Presidencia da Deputación de Lugo, o Partido Popular bloquea no Parlamento o seu nomeamento como Senador por designación autonómica, nun caso sen precedentes; e o xulgado de Instrucción Número 1 emite a súa imputación express no Garañón. Express porque a xustiza nin tan siquera tiña nese momento a documentación sobre as contas bancarias de Besteiro, imprescindibles, ao meu entender, para decidir investigalo por eses presuntos delitos”.

Cuarta coincidencia. Cando estamos en pleno debate sobre a celebración de eleccións autonómicas en Galicia e, polo tanto, sobre a convocatoria de primarias no PSOE galego para elixir ao candidato socialista á Xunta, o xulgado de Instrucción Número 1 decide chamar a Besteiro a declarar o mesmo día que os seus avogados están no xuízo dunha macrooperación na Audiencia de Málaga. Besteiro pide que se adiante ou pospoña, alomenos 1 día, a sua declaración, pero a xustiza non o permite. Pola  contra, ao Presidente da Deputación de Ourense, do Partido Popular, investigado por un presunto caso de acoso laboral, sí se lle apraza a súa declaración porque ten unha viaxe a Euro-Disney”.

Quinta coincidencia. Un día despois de que Pedro Sánchez veña a Galicia e transmita a Besteiro  o seu incondicional apoio, o xulgado de Instrucción número 1 de Lugo volve a practicar una imputación express a Besteiro, agora pola operación Polbo”.

Unha macro-operación que parte dunha denuncia por caso laboral

“Non poido deixar de analizar de onde xurde esta macro-operación Polbo, que veremos se algún día se pecha, cómo, e con qué secuelas e consecuencias. Todo isto procede dun presunto caso de acoso laboral, consecuencia dunha denuncia dunha traballadora da Deputación a outro compañeiro de traballo. E unha denuncia de acaso laboral entre compañeiros acaba cunha imputación do ex Presidente da Deputación, dos funcionarios que nada teñen que ver co servizo de onde parte esta denuncia, xa se saberá,  e cunha investigación política máis nun tempo crucial para o Secretario Xeral dos Socialistas en Galicia”.

Santos dí que todo parece indicar que a quen beneficia esta situación “todos o saben: ao Partido Popular. E esta é a coincidencia que hai. É o mellor candidato,(referíndose a Besteiro) o quen ten as ideas, e o que ten proxecto para Galicia, o que ten o aval de goberno durante anos e quen pode sacarlle o sillón a Feijóo”.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com