Blanco (Cs): “É inaceptable que todavía non se consignara nin un euro para a nova comisaría”

O candidato ao Congreso dos Deputados de Cidadáns pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, reuniuse esta tarde acompañado polo deputado de Cidadáns, José Miguel Gutiérrez, con distintos sindicatos policiais da cidade de Lugo para coñecer as dificultades que atravesan os Policías Nacionais na provincia, en concreto nas comisarías de Lugo capital, Viveiro e Monforte.

“O PP cando estivo a gobernar non consignou nin un euro para a creación da comisaría de policía, e o PSOE foi crítico con esta situación, pero agora que eles están no poder continuaron esquecéndose da cidade de Lugo”, insistiu José Manuel Blanco.

Pola súa banda, Miguel Gutiérrez tamén viu necesaria a creación dunha Unidade de Prevención e Resposta ( UPR) para Lugo, dado o deficit de efectivos e o aumento de situacións onde son necesarios un gran número de axentes, como nos eventos deportivos, o San Forilán ou o Arde Lucus.

Ademais, o deputado lembrou que el mesmo solicitou en numerosas ocasións unha nova comisaría de policía para Lugo, pero que os diferentes gobernos fixeron caso omiso a esta petición “é indignante que non se destine o diñeiro aos lugares onde máis se necesita, senón que vai aos sitios onde o alcalde é máis amigo do Goberno de quenda, é totalmente necesario despolitizar a policía. Desta forma conseguirase un proceso transparente no que se dedique o diñeiro ás reformas máis urxentes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com