" />

Blanco, Cs: “O abandono das institucións está provocando que Monforte se quede á marxe do reparto de trens”

O candidato de Cidadáns ao Congreso pola provincia de Lugo, José Manuel Branco, visitou esta mañá o Porto Seco de Monforte onde denunciou que “unha vez máis se demostra o malgasto do diñeiro do PP e do PSOE, esta vez desde a Xunta de Galicia, xa que desde que se presentou o proxecto no 2001 aínda non se puxo solución a este problema”.
“Non se pode prometer que Monforte será o nó de mercadorías de Galicia e despois non dotala de infraestruturas para selo”, lamentou o candidato. “Desde Cidadáns queremos darlle un impulso ao Porto Seco, é unha necesidade vital para todos os monfortinos que crearía centos de postos de traballo. Hai que dotalo dunha autovía, temos que poñer as mellores conexións ferroviarias posibles, ten que haber unha xerencia que falei cos principais portos galegos, e así as empresas quererán vir ao porto seco”, considerou o candidato ao Congreso.
O candidato de Cidadáns tamén aproveitou a súa visita a Monforte para reclamar “unha vez máis” a chegada dun tren de calidade a Monforte. “Monforte sempre foi o punto de referencia dos trens para toda a provincia, incluso o de Galicia, por iso é inexplicable que na proxección da chegada do AVE se lle dea as costas á cidade lucense. Lugo está a quedarse na periferia de España”. Na súa visita a Monforte o candidato acudiu ao centro de saúde da cidade e ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, xunto á candidata á alcaldía Mercedes Marcos, para falar cos profesionais e os usuarios de ambos das propostas de Cidadáns en sanidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo