BNG-AA mantén unha xuntanza ca directiva da asociación ASORLU

O candidato do BNG-AA, Rubén Arroxo, e a número dous da candidatura, Maite Ferreiro, visitaron na tarde de onte a sede da asociación ASORLU onde mantiveron unha xuntanza con membros da directiva deste colectivo de persoas xordas de Lugo.

Rubén Arroxo sinalou que “é evidente a necesidade de manter un contacto constante cos colectivos de persoas que teñen capacidades diferentes para afrontar todas esas pequenas cousas que para nos pasan desapercibidas e para elas constitúen auténticas barreiras”. Unha das demandas deste colectivo é a necesidade de contar con locais axeitados.

Arroxo sinalou que “en Lugo hai moitos colectivos que precisan de locais públicos para desenvolver a súa actividade, e o PP permítese ter pechados edificios como o da Residencia e decir agora que non cumpre as condicións”. Rubén Arroxo criticou duramente a actitude do PP tras a declaracións da Conselleira de Sanidade que “unha vez máis arremete contra Lugo onde xa foi declarada persoas non grata, e ampara unha decisión política nos informes técnicos”. Arroxo engadiu que “Castiñeira e a Conselleira parece que nos queren enganar xogando ao poli bon e poli malo pero as decisións son do partido popular”.

O candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, destacou o funcionamento deste colectivo social que leva 40 anos traballando no concello de Lugo e dixo que “coñecer as realidades dos nosos veciños e veciñas é importante para que Lugo funcione”.

Dende a candidatura do BNG – Asambleas Abertas destacaron que “é necesario contar coa opinión á hora de acometer calquera proxecto municipal xa que comprobamos que as pequenas cousas son as máis importantes no día a día das persoas que teñen algún tipo de limitación”. “Na actualidade existen solucións técnicas para salvar as deficiencias de accesibilidade que aínda ten este concello”, afirmou Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com