" />

O BNG alerta dunha varanda da N-VI a piques de caer

O voceiro do BNG-AA no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, advertiu esta mañá do perigo que supón a varanda que permanece inestable na N-VI sobre o paso inferior de acceso ao Pazo de Feiras, o edil do BNG rexistrou unha comunicación dirixida ao Ministerio de Fomento para que se tomen as medidas precisas.

A varanda duns 10 metros de longo perdeu as anclaxes no formigón e podería caer sobre o vial do paso inferior. O voceiro do BNG sinalou a importancia do mantemento das infraestruturas para evitar riscos maiores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo