" />

BNG-Asambleas Abertas defende a rexeneración dos barrios sen esperar a aprobación do PXOM

Rubén Arroxo anunciou a celebración dun acto aberto, mañá xoves, no barrio de Albeiros e apostou pola rexeneracion dos barrios de Lugo. Arroxo dixo que “as veciñas e veciños non poden agardar polo desenvolvemento dun plan xeral feito á medida da especulación para que os sitios nos que viven teñan os servizos e as dotacións públicas ás que teñen dereito”. Arroxo dixo que “nin PSOE, nin PP fan políticas axeitadas para a xente que vive nos barrios, pola súa óptica ven urbanizacións e edificios feitos para o enrriquecimento de catro especuladores”.

Rubén Arroxo dixo que “do noso traballo dependerá que os gobernos municipais atendan as necesidades das persoas que fixeron as súas casas nos barrios da cidade e que agora se sinten ameazados pola sombra dun plan xeral trazado en Madrid e pensado para un desenvolvemento da cidade que nunca chegará”. Arroxo visitou o barrio de Albeiros, acompañado de membros da candidatura e de militantes do BNG para convidar a veciños e veciñas a participar na xuntanza que se celebrará mañá xoves, ás 20:00, no colexio público de Albeiros.

Arroxo sinalou que “en Albeiros hai problemas de cheiros á carón dos cauces fluviais, casas que aínda no teñen saneamento e un dos colexios máis antigos do concello que non foi debidamente modernizado” e engadiu que “os problemas que ten o barrio de Albeiros son facilmente subsanábles se hai vontade política, non son obras de millóns de euros e nos temos claro que hai traballar para que Lugo funcione”.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo