BNG e PSOE pechan o acordo para un goberno en bipartito

Tras cinco xuntanzas, PSOE e BNG veñen de darse a man e sellar os acordos aos que se subscribirán, dende mañá, ambos partidos para sacar adiante un goberno bipartito no Concello de Lugo. A actual rexedora en funcións, Lara Méndez, repite así como alcaldesa e volverá recibir o bastón de mando da cidade este sábado a partires das dez da mañá.

As dúas agrupacións asinarán mañá, se así o acepta a asemblea do BNG  – que é a que ten a última palabra e se reunirá esta mesma tarde-, este acordo co que levarán a cabo o novo goberno municipal con 13 ediles (8 do PSOE e 5 do BNG).

Na tarde de mañá a alcaldesa e o voceiro do BNG, Rubén Arroxo, darán unha rolda de prensa para explicar os puntos de acordo aos que chegaron tras as xuntanzas. Nun principio, o que si trascendeu foi o reparto de concellerías, no que o PSOE faráse cargo de Economía, Benestar, Persoal, Urbanismo e Medioambiente e o BNG de Infraestruturas e Mobilidade, Cultura e Turismo, Educación e Cidadanía. Neste senso, a xunta de goberno contará con 8 ediles, cinco socialistas e tres nacionalistas. Asemade, o Bloque resérvase a liberdade de voto en todo o relacionado co PXOM, na área de Urbanismo.

Segundo aseguraron á saída da reunión de hoxe, tras a toma de posesión da rexedora, poderían continuar as negociacións entre ambas agrupacións.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Astrocita Protoplásmica
    Xuñ 14, 2019 - 03:47 PM

    Vaia, e eu pensaba que o acordo xa estaba asinado dende o ano pasado e sen xuntanzas, que digo, dende hai catro anos!

    Reply
  2. Avatar
    Chus
    Xuñ 13, 2019 - 08:43 PM

    Non entendo como un Governo progresista non lle da Entidade propia a Muller e Igualdade. Forza mulleres q estes nosos represantes son feministas de pancarta o día 8 de marzo e 25 d novembro. Q pena, outros catro anos perdidos sen políticas transversais de Igualdade
    O mesmo q se governara a dereita.

    Reply
  3. Avatar
    Chus
    Xuñ 13, 2019 - 08:20 PM

    Non entendo como un Governo progresista e q van de faministas non lle den entidade propia á Muller e Igualdade. Forza mulleres q a estes só lles interesa a Igualdade o Día 8 marzo ou o 25 de novembro para saír nos medios. Que pena outros catro anos mais perdidos!!!

    Reply
  4. Avatar
    Chus
    Xuñ 13, 2019 - 08:18 PM

    Non entendo como un Governo progresista e q van de faministas non lle den entidade propia á Muller e Igualdade. Forza mulleres q a estes só lles interesa a Igualdade o Día 8 marzo ou o 25 de novembro para saír nos medios. Que pena outros catro anos perdidos!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo