O BNG lamenta que “o único logro PP e PSOE sexa organizar unha xura de bandeira”

O voceiro do BNG-AA referiuse ao anuncio do acto da Xura de Bandeira que protagonizou onte a Alcaldesa de Lugo xunto co Subdelegado do Goberno e diversos mandos militares  e lamentou que “o único logro PP e PSOE neste mandato sexa organizar unha xura de bandeira”. Arroxo sinalou que “os recursos e esforzos que se adican a organizar estes actos ideoloxizantes e de caracter castrense deberían empregarse en atender as necesidades das veciñas de veciños de Lugo” e engadiu que “cando hai que resolver algo para beneficiar a Lugo utilizan a confrontación, pero para un acto organizado polo exercito que denominan civil póñense dacordo”.

Rubén Arroxo enumerou unha serie de asuntos que dependen do entendemento entre os gobernos do PP e PSOE e que permanecen bloqueados pola falta de entendemento entre as dúas forzas políticas “mentres que Lugo non funciona” e referiuse ao Cuartel de S. Fernando, o servizo de Hemodinámica 24h, o edificio da Residencia, a rehabilitación Tinería, a rotonda entre San Eufrasio e Fontiñas, o derribo do Garañón, a apertura do novo Auditorio, o Plan de Rehabilitación da Milagrosa, o Plan Paradai, o Xulgado de Violencia de Xénero, o arrando das estradas que dependen da Xunta e do Ministerio de Fomento, a creación dunha rotonda no enlace de Afonso X coa N-VI, as conexións ferroviarias e un longo etc…

“Agardamos que, no futuro, este bon entendemento entre os representantes do PP e do PSOE se traslade ao resto de decisións políticas e tamén a apoiar as propostas que o BNG presenta no concello e que servirían para facer que Lugo funcione”, dixo Rubén Arroxo por que “sabemos que o tema da xura da bandeira é unha actividade que interesa a un sector da poboación moi determinado e nin siquera conta coa aprobación de moitos militantes do PSOE nin do PP”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com