O BNG solicita no Concello información sobre os atropelos na cidade

O voceiro do BNG – AA, Rubén Arroxo, rexistrou a primeira iniciativa do ano, procedente dun grupo da oposición, presentando unha batería de preguntas para obter datos oficiais sobre o número de atropelos sucedidos na cidade de Lugo durante o ano 2017. Arroxo asegurou que “case todos os días vemos na prensa novas que informan de atropelos en diferentes rúas da cidade, e queremos que o goberno facilite cifras oficiais, por iso presentaremos unhas preguntas en comisión para que saber que é o que está a suceder realmente”. “No 2017 temos constancia e o goberno segue sen facer nada”, dixo Arroxo e lembrou que “onte mesmo houbo dous atropelos en menos de hora e media”.

O voceiro do BNG-AA anunciou que pedirán en comisión información sobre os atropelos sufridos no concello durante os últimos 5 anos e sobre as medidas previstas para evitalos “entendemos que o goberno municipal estará preocupado por este asunto e terán algunha previsión para tentar frear esta lacra”. Rubén Arroxo destacou que “son accidentes, pero seguro que as políticas que se apliquen en materia de tráfico teñen repercusión e poden servir para invertir tendencias ou permitir que se continúen incrementanado como é o que sucede en Lugo coa inacción deste goberno municipal do PSOE”.

 Rubén Arroxo dixo “nós levamos presentando propostas durante todo o mandato para que se tomen medidas de calmado do tráfico na cidade, se cree a mesa da mobilidade e se tome en serio este asunto”. Para o BNG – AA, “o tráfico en Lugo funciona por si solo por unha falta de proxecto político para a cidade, non hai presenza policial por falta de mando da súa máxima responsábel que é alcaldesa e o único que se fixo foi poñer sinais luminosas nalgúns pasos de peóns que non serven para nada se non van acompañadas doutras medidas”. “Co modelo de mobilidade posto en marcha polo BNG en Pontevedra o número de atropelos nesa cidade é practicamente cero”, asegurou Rubén Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com