" />

Bota a andar unha nova plataforma contra as listas de espera do SERGAS

Integrantes da CIG Saúde e da asociación cidadá contra a letra pequena Con Lupa botaron a andar, xunto con outros colectivos e persoas a título individual, unha nova plataforma coa que buscan dar apoio a usuarios e usuarias do Servizo Galego de Saúde nos procesos de reclamación contra as listas de espera.

A plataforma, que está aberta á participación de tódolos colectivos e persoas que se queiran sumar ás reivindicacións, desenvolverá a súa actividade, incialmente, colocando unha mesa informativa durante as mañás dos mércores na entrada do HULA. Dende a plataforma, búscase axudar ás usuarias e usuarios da sanidade pública á hora de realizar reclamacións e suxestións, combatendo a falta de información que a administración lles ofrece.

Dende a plataforma púxose á disposición das persoas interesadas en obter máis información o enderezo electrónico plataformalistaslugo@gmail.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo