Caballero chama a rexeitar “o pacto implícito das dereitas coa extrema dereita”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, protagonizou hoxe un mitin na Mariña xunto co voceiro socialista no Senado, Ander Gil, no que chamou a rexeitar “o pacto implícito das dereitas coa extrema dereita” e a concentrar todo o voto progresista no Partido Socialista.

“Queremos pedirlle a todos os galegos que queren progreso e que non queren que a extrema dereita siga inspirando as políticas da dereita que vaian votar este domingo, que o fagan polo voto útil, que é o voto ao PSOE”, enfatizou no peche dunha xornada que o levou a estar en Ourense, Silleda e Vilalba antes que en Viveiro.

Fixo fincapé o líder dos socialistas galegos na importancia de que non se perda ningún voto, nin para o Congreso nin para o Senado, o vindeiro domingo, ante a posibilidade dun pacto PP-Vox-Cs. “A única forza política da esquerda que vai ter senadores galegos é o PSOE”, recordou. “Soamente hai unha papeleta que vai garantir que os votos cheguen ás cámaras parlamentarias, a papeleta do Partido Socialista”, recalcou Gonzalo Caballero, quen prognosticou “un magnífico resultado” se o domingo hai “unha mobilización alta”.

Ademais, Gonzalo Caballero ironizou co anuncio de Pablo Casado de que nomearía ministra a Ana Pastor en caso de ser presidente. E é que, como recordou, Ana Pastor é a responsable da “hecatombe electoral” do PP de Pontevedra, que pasou de obter o 50% dos votos en 2011 ao 25% no pasado mes de abril. De feito, atribuíu a súa “fuga” cara Madrid a que obtivo “a maior debacle da historia do PP en Galicia en Pontevedra”.

Ademais, proseguiu o máximo dirixente do PSdeG, “Ana Pastor enganou a Galicia cos investimentos no AVE durante os tres anos nos que foi ministra do Fomento con Mariano Rajoy”, posto que “deixou de investir e de orzamentar. “Tivo que ser o goberno socialista de Pedro Sánchez o que elevara os niveis de inversións para permitir chegar o AVE a Galicia no prazo máis veloz posible”, concluíu.

Dito isto, Gonzalo Caballero confrontou ese plantexamento co anuncio de Pedro Sánchez de facer vicepresidenta a Nadia Calviño. “A ministra de Economía é unha muller competente, comprometida e cunha longa traxectoria profesional de éxito”, sinalou en contraposición coa ex-ministra de Aznar e Rajoy. Adicionalmente, o secretario xeral do PSdeG abordou a situación da industria para destacar que o goberno socialista foi o que solucionou o anunciado peche de Alcoa na Coruña e que “é o mellor aliado de Alcoa San Cibrao” mentres “Feijóo non fixo máis que estorbar, entorpecer e amosar a súa incapacidade como presidente”. “Cumple coa industria de Lugo igual que co AVE a Lugo”, sentenciou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com