" />

Caen os novos contaxios a cifras da pasada semana e descenden lixeiramente os casos activos

Sete casos menos de Covid nun día. Parece pouco pero son suficientes para romper coa tendencia á alza da fin de semana. Este freo no avance da cuarta ola debeuse, por primeira vez en días non só ás 10 altas médicas das últimas horas, senón tamén ao máis que significativo descenso do número de postivos detectados. 

Así, no último informe do SERGAS con datos recompilados ata ás18 horas de onte, constan 168 casos activos, os mesmos que o pasado sábado; e 3 positivos detectados, 15 menos que na xornada anterior. Se ben é certo que os martes sempre se rexistran menos positivos que noutros días, tamén o é que os 18 positivos de onte non eran a tónica habitual dos luns nas últimas semanas. 

A única mala nova da xornada é o aumento dun paciente en planta de hospitalización. Hoxe son 14 os infectados de Covid que se recuperan nos hospitais da provincias, dous deles na UCI do HULA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo