Campaña especial de tráfico para a Operación Retorno do verán 2019

Dende o venres 30 de agosto ata o domingo 1 de setembro, desenrolarase a Operación Especial Retorno do Verán 2019, na que participarán todos os medios persoais e materiais dispoñibles para vixiar o cumprimento das normas e garantir a seguridade en todas as estradas da provincia.

Intensificarase a vixilancia encamiñada á detección das condutas máis perigosas, como o uso do móbil ao volante, os excesos de velocidade e o consumo de alcohol e drogas.

Dende a Xefatura Provincial de Tráfico e o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, recomendase:

  • Realizar a viaxe unha vez se descansase o suficiente, así como parar a descansar como máximo cada dúas horas para evitar a fatiga.
  • Non consumir bebidas alcohólicas nin drogas.
  • Adecuar a velocidade ás condicións existentes.
  • Evitar as distraccións. Utilizar o “modo coche” ou desactivar o teléfono móbil.
  • Utilizar o cinturón de seguridade e os SRI.
  • Manter sempre a distancia de seguridade. Sinalizar con tempo as manobras.
  • En motocicletas e bicicletas, facer uso do casco e elementos reflectantes.
  • Os peóns en estrada deben circular pola esquerda e facer uso de prendas reflectantes.
  • Revisar o estado xeral do vehículo antes de iniciar a viaxe.
  • Todos os desprazamentos son importantes: atención tamén ás distancias curtas, aos últimos quilómetros e ao día seguinte.
  • Conducir con respecto e tendo en conta a todos os usuarios da vía, sobre todo os máis vulnerables (peóns, ciclistas e motociclistas).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo