Campos: “Comezou a caza de bruxas e campaña sucia do Partido Popular”

Ante as informacións dadas polo Partido Popular esta mañá en relación coa presunta contratación “a dedo”, por parte da Deputación dunha ex deputada e ex concelleira de Lugo, socialista. O presidente do Executivo Provincial, Darío Campos, enviou un comunicado oficial aos medios no que tilda as declaracións dos populares de “manipuladas e terxiversadas” e no que solicitan, ademáis, aos populares “deixar á marxe” da actividade laboral a vida persoal ou privada dos traballadores públicos, como as ideoloxías políticas, relixiosas ou sexuais de cada empregado.

Campos Conde cualificou este acto do Partido Popular como o comezo “da campaña sucia”, e asegurou que a empregada á cal facían referencia os populares “leva traballando na Deputación hai meses ao igual que outros 10 profesionais, que pasaron uns procesos de selección públicos e abertos a todos os cidadáns”

Segundo afirman dende o goberno de Campos Conde, trátase de 10 persoas que pasaron uns procesos selectivos públicos e abertos, permitíndolles formar parte de bolsas de emprego da Deputación como persoal laboral público con carácter temporal, ás que se acoden en funcións das necesidades laborais na institución.

“Onte falaban doutro traballador público que recibiu unha atribución temporal de funcións, ao igual que outras 18 persoas mais. E entre elas haberá xente que vote a uns partidos e outros”, referiu o Presidente quen asegurou que se trata da “caza de bruxas do PP, que ten problemas internos duros e difíciles e que, dalgunha maneira, ten que embarrar o escenario político e o fai sempre desprestixiando ás persoas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo