Campos: “O PP deixa na Mariña un servizo de ambulancia medicalizada decapitado”

O Alcalde da Pontenova e Presidente da Deputación, o socialista Darío Campos Conde, destacou esta mañá que “o Partido Popular dende o goberno da Xunta deixa a todos os veciños da Mariña cun servizo de ambulancia medicalizada totalmente decapitado. O PP só recorta persoal á ambulancia medicalizada de Foz, das dez que en total hai en Galicia. Unha ambulancia que presta servizo aos veciños de todos os Concellos da Mariña. Unha ambulancia que no 2018 atendeu 530 emerxencias na Comarca e fixo 281 traslados de pacientes. Sen este persoal sería imposible atender, cando menos, estas 530 emerxencias de 2018. Este é un exemplo máis do desmantelamento da sanidade pública que está a facer o PP na nosa provincia, castigando, especialmente, á Mariña, a todos os veciños que somos da Mariña”.

Os datos que ofreceu Campos Conde son oficiais. Precisamente, os traballadores da ambulancia medicalizada con base en Foz, cos que se reuniron os representantes do PSOE en todos os Concellos da Mariña, denunciaron que o PP xustifica este recorte de persoal, argumentando que esta ambulancia só atende traslados, cando, precisamente, son máis as emerxencias que realiza e que sen persoal son imposibles de atender. Os traballadores tamén quixeron remarcar que prestan servizo a veciños de toda a Mariña e que as emerxencias que atenderon no 2018 producíronse en municipios de toda a Comarca.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo