Cancelado o Ribadeo Indiano 2020

O Ribadeo Indiano 2020, que se ía celebrar do 10 ao 12 de xullo, foi cancelado. Así o decidiron o Concello e Acisa. Os
organizadores antepoñen a responsabilidade por riba de todo para lograr a máxima protección posible contra o Covid-19 e póñense a traballar na edición de 2021.
O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “quixemos agardar ata o último momento, tanto a Asociación de Comerciantes como o Concello de Ribadeo, pero finalmente decidimos ir na liña do que outros Concellos da comarca, de Galiza e do resto do Estado están facendo nos últimos tempos no sentido de que debemos antepoñer a responsabilidade por riba de todo para lograr a máxima protección posible contra o coronavirus. Polo tanto se temos en conta a nova normalidade no que ten que ver co distanciamento físico que debemos ter entre a cidadanía e tamén o necesario control de aforo nos diferentes espazos públicos, así como tamén atendendo ás distintas normativas de obrigado cumprimento, tanto das autoridades do Estado como das autonómicas, decidimos Acisa e Concello de Ribadeo, de común acordo, cancelar a edición do Ribadeo Indiano 2020, así como tamén aqueles outros eventos que poidan
supoñer masificación e que poidan ir contra as directrices sanitarias que todos debemos cumprir, cando menos durante esta época estival”.
O rexedor asegurou que “traballaremos desde este mesmo momento, Acisa e o Concello de Ribadeo, para facer unha edición marabillosa do Ribadeo Indiano 2021 e para que sexa entón o momento do reencontro. O Ribadeo Indiano quere
lembrarse de todas aquelas persoas que se foron un día, especialmente para América, e sempre quixemos que fora a festa do reencontro, pois agora queremos para a edición do Ribadeo Indiano 2021 quedarnos con ese espírito e que garde esa ansia de encontro para que todos (de Ribadeo, da comarca, de fóra, do mundo enteiro) nos volvamos atopar na seguinte edición do Ribadeo Indiano”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. dezaoito 🌟
    Mai 28, 2020 - 08:18 PM

    Vémonos no #RibadeoIndiano2021 !

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com