Candia asume a presidencia do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

A titular da Deputación de Lugo, Elena Candia, asumiu esta mañá a presidencia do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento. A elección da titular da Presidencia do Consorcio levouse a cabo en base aos estatutos, durante o pleno extraordinario celebrado esta mañá con carácter de urxencia. No transcurso da sesión tamén tomaron posesión os representantes da Deputación e dos Concellos para completar os órganos estatutarios correspondentes.

O acordo rotatorio recollido nos estatutos polos que se rexe o Consorcio provincial contra Incendios establece que lle corresponde á Deputación de Lugo ocupar a titularidade da presidencia do Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

Estes estatutos establecen que a Presidencia se renovará cada vez que cambien os cargos dalgunha das administracións consorciadas. Esta titularidade prolongase por un período de dous anos e nesta ocasión correspóndelle á Deputación de Lugo. Pola súa banda, a vicepresidencia continuará a ser asumida polo director Xeral de Emerxencias e Interior de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Luís Menor Pérez.

No pleno extraordinario celebrado hoxe tamén tomaron posesión os representantes da Deputación e dos concellos de Monforte e Sarria. Neste caso, pola Deputación están a presidenta Elena Candia, e os deputados, José Demetrio Salgueiro e Eduardo Vidal Baamonde; mentres que polos concellos de Monforte e Sarria, os respectivos alcaldes, José Tomé e Pilar López.

Durante a celebración do primeiro pleno do Consorcio con Candia como presidenta, deuse continuidade ao normal funcionamento do ente e resolvéronse asuntos que figuraban na axenda do Consorcio. Entre eles, continuouse co proceso de licitación para a adquisición dun vehículo (bomba nodriza pesada) para o parque de Monforte de Lemos. Segundo afirman dende a Deputación, a urxencia deste pleno fundamentábase tamén na necesidade de darlle continuidade a este proceso, tendo en conta que se tratan de investimentos que atinxen a fondos europeos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com