" />

Candia reuniuse coas cofradías de pescadores da Mariña

A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, mantivo esta tarde unha reunión de traballo con representantes das confrarías de pescadores da Mariña. “Con esta reunión iniciamos a rolda de contactos que queremos manter co sector pesqueiro para coñecer de primeira man as súas necesidades e ir asentando as bases para sacar adiante, dentro das nosas posibilidades, novas liñas de colaboración”.

Na reunión de traballo celebrada no Museo do Mar de San Cibrao, participaron representantes dos pósitos de Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao, Celeiro e Vicedo; ademais de estar presentes o presidente e o secretario da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores, José Basilio Otero; e Sergio López,respectivamente. Tamén estivo presente o deputado provincial responsable da área delegada de Pesca, José Demetrio Salgueiro; así como o secretario do Parlamento e voceiro de Mar, José Manuel Balseiro.

A presidenta provincial fixo fincapé na necesidade de mellorar o compromiso da administración lucense cun sector de gran importancia na provincia cuxa facturación, por exemplo, nas lonxas da Mariña se incrementou ata nun 11% o primeiro semestre deste ano e que comercializou, neste mesmo período, máis de 20,5 toneladas de peixe e marisco fresco por un importe de 54,8 millóns de euros. “É moi destacable o peso deste sector e son moitas as familias que viven directa ou indirectamente do mundo do mar na provincia de Lugo”, matizou a popular.

“Dende a oposición defendemos iniciativas a través das que solicitabamos melloras na colaboración e nas relacións cos traballadores deste sector e agora, dende o goberno, queremos sacar adiante este compromiso de maior implicación cos profesionais do mar, tendo en conta, a maiores, que nesta comarca cóntase con dous dos principais portos pesqueiros do cantábrico, ademais de pervivir agrupacións de marisqueo, así como innumerables firmas de transformación e comercialización”, asegurou Candia.

A reunión mantida hoxe entre a presidenta provincial e os representantes das confrarías, é a primeira das previstas dentro da folla de ruta deseñada polo novo goberno provincial para traballar conxuntamente con este sector e dentro da que se prevén outra serie de xuntanzas con entidades vinculadas co mar.

Entre outras, a Deputación de Lugo programa reunirse con ABSA (Armadores de Burela), coa Organización de Produtores Pesqueiros (OPP-Lugo) e co Porto de Celeiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo