Candidatos do PP visitan obras do Centro Integrado de Saúde no Barrio da Residencia

A cabeza de lista do PP por Lugo para as eleccións autonómicas, Elena Candia, acompañada polo conselleiro, en funcións, de Sanidad, e outros membros da candidatura, visitaron na tarde de hoxe o barrio da Residencia da capital lucense, que contará co primeiro Centro Integrado de Saúde de Galicia. Na visita participaron tamén outros membros da lista electoral por Lugo. Candia destacou que a Residencia recuperará a vitalidade que tivo no pasado recente co desenvolvemento que se leva a cabo nos terreos do antigo Hospital Xeral.

 O pasado mes de febreiro comezou a segunda transformación do barrio da residencia, tras o derrubo do antigo hospital xeral. Nesta parte da cidade está en construción o primeiro Centro Integrado de Saúde de Galicia, mediante a remodelación do antigo hospital materno infantil, que permitirá ganar máis de 8.000 m2 en servizos sanitarios. O edificio, remodelado na súa integridade albergará , distribuídas nas súas 6 plantas, un centro de saúde, PAC e urxencias, área para Saúde Mental e unha base para o 061.

Ademais deste centro de saúde, esta aposta da Xunta inclúe outras edificacións para servizos públicos, fundamentalmente do ámbito socio-sanitario, como unha nova residencia da 3ª idade, con 120 prazas, promovida pola Consellería de Política Social, en colaboración coa Fundación Amancio Ortega e que se levantará sobre a parcela do antigo hospital.

Igualmente, este espazo albergará unha oficina de emprego, unha central de biomasa -que dará servizo ao complexo-, e un centro de emprendemento aeronáutico.

Novas relacionadas

  1. Ciudadano de Lugo
    Xuñ 29, 2020 - 05:12 PM

    @PPdeLugo Empiezan unha obra comprometida hay dous anos e xa non salen de ahí. E claro como Feijóo no… https://t.co/lRKKkxTQmM

    Reply
  2. Carlos Fernandez Peleteiro
    Xuñ 28, 2020 - 09:29 PM

    É para que? Van traballar.
    Esto chámase non ter que facer

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com