A candidatura que encabeza Elena Candia segue sumando apoios dentro da organización

A candidatura que encabezan Elena Candia e Ramón Carballo conta co aval do 82% dos compromisarios electos dos Concellos da Comarca de Lugo. En concreto, dos nove Concellos que integran a Comarca, a mindoniense conseguiu o respaldo de 179 compromisarios, dun total de 217. A ex presidenta da Deputación suma o aval de 5 compromisarios de Guntín, 162 de Lugo, 7 de Outeiro de Rei, 2 de Pol e 3 de Rábade. Elena Candia “agradece as mostras de ánimo e o apoio que día tras día está a recibir das agrupacións locais e dos militantes anónimos que contactan con ela para facer as súas achegas”.

Tamén as Novas Xeracións lucenses apoian á  alcaldesa de Mondoñedo e candidata á presidencia do Partido Popular de Lugo Elena Candia, xa que suma ao seu proxecto o aval de 16 dos 22 compromisarios de Novas Xeracións, a organización xuvenil do Partido Popular lucense. Candia deu a coñecer que o 73% do total dos representantes electos e natos das mozas e mozos que militan na formación popular veñen de ofrecer o seu respaldo directo de cara á votación que terá lugar este domingo, no congreso provincial

A propia candidata mantivo nas pasadas datas unha reunión cos mozos de Novas Xeracións na que de xeito específico tratou as propostas dirixidas a dar maior protagonismo e contacto á xuventude dentro da formación popular lucense.

Entre outras Candia propuxo a incorporación ao Comité de Dirección do PP de Lugo da persoa que ostente en cada ocasión a presidencia provincial de Novas Xeracións e a celebración de reunións periódicas entre ambas as organizacións.

Elena Candia defende a combinación de mocidade e política, “dous termos que moitos queren contrapoñer, pero que deben ir da man porque a política necesita unha renovación constante de equipos e de ideas, de xente con ganas e ilusión, que entendan a política como un servizo público. As mozas e mozos de NNXX son persoas que un día decidiron formar parte dunha formación política e que están aquí polos seus valores e porque queren facer algo polo seu pobo”, engade.

Secretario local lucense

A maiores, a candidatura que encabezan Elena Candia e Ramón Carballo fixo pública a incorporación ao seu proxecto do secretario xeral de Novas Xeracións na cidade de Lugo, Alejandro Pena López-Boado, unha das figuras esenciais desta organización na capital lucense.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com