Carballo lamenta o rodillo sistemático do bigoberno nas propostas do PP

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, non comprende a “táctica empregada polo goberno local, encabezado por Lara Méndez e Rubén Arroxo, que optaron por aplicar o rodillo a calquera proposta que chegue desde o Grupo Municipal do Partido Popular, simplemente “por levar a etiqueta do PP”.

Ramón Carballo amosouse sorprendido por esta postura da “alcaldesa e o vicealcalde, que desbotan calquera iniciativa, a pesar de que sexa moi positiva para a cidade, porque non se lles ocorreu a eles”.

Neste senso, Carballo critica que “o goberno local se negue a poñer en marcha un plan de contratación municipal para mellorar o funcionamento do Concello. Pensamos que é preciso que o Concello de Lugo garanta a transparencia nos contratos, nun momento no que o goberno local está a realizar un abuso dos contratos menores, ao que se engaden decenas de servizos co contrato caducado”, sinalou.

Para o popular, a negativa a aprobar esta medida significa “seguir a poñer trabas aos licitadores (autónomos e empresas) xa que non se lles facilita a planificación para a presentación de ofertas. Están a negar que a contratación en Lugo se realice de xeito máis eficaz e transparente, dificultando a organización interna”, afirmou.

Pista de motocrós

O voceiro popular amosou a súa sorpresa ante a negativa do equipo de goberno de apoiar unha iniciativa do Grupo Municipal Popular para que Lugo teña un circuíto municipal para a práctica de motocrós, enduro e outras modalidades semellantes como o trial ou quads. Ramón Carballo non entende a negativa do bigoberno a aprobar esta iniciativa, a pesar de que se trata dunha promesa que a alcaldesa realizou en outubro de 2018 , afirmou.

Carballo tamén criticou que “Lara Méndez e Rubén Arroxo permitan que as chamadas que os lucenses realizan ao teléfono de información municipal 010 sigan a cobrarse, ao contrario que en moitas outras cidades de España, nas que estas chamadas son gratuítas para os cidadáns”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com