Carballo pide completar o Paseo Interior da Muralla “tras 20 anos perdidos”

O Partido Popular propón ao Goberno local un compromiso para completar o Paseo Interior da Muralla e consolidar o casco histórico coa idea de impulsar que o recinto amurallado de Lugo sexa declarado Patrimonio da Humanidade.

Carballo lamentou que “a pesar de ter fondos europeos os socialistas non priorizaron avanzar na execución desta ronda que os lucenses levan agardando 20 anos” e tamén temen os populares “que socialistas e nacionalistas renuncien a este proxecto xa que non hai partidas nos orzamentos municipais para 2020 para executalo con fondos propios”.

Os populares recriminaron “as mentiras dos gobernos socialistas que anunciaron abrir novos tramos para completar este Paseo Interior cando a realidade é que levan 20 anos perdidos no que respecta a este proxecto vital para consolidar o casco histórico de Lugo”.

Os populares pedirán no pleno que socialistas e nacionalistas traballen sobre “un proxecto unificado que poña en valor a Ronda Interior para mudar a imaxe actual”. Carballo matizou como “neste momento, tal e como se pode comprobar, nun percorrido polo adarve da Muralla, observamos que este Paseo Interior está a medio facer e presenta unha imaxe desastrosa. Atopamos cinco tramos de paseo que se pensaron de forma illada xa que, nin tan sequera houbo unanimidade para escoller o tipo de pavimento que nun tramo é dun tipo e vinte metros adiante é doutro”.

Para os populares “o Paseo Interior da Muralla é unha prioridade e debe ir ligado a buscar a mellora da imaxe das traseiras dos edificios do interior da Muralla, colaborando e axudando na súa rehabilitación para que lozan como fachadas principais”.

En resumo, a filosofía desta iniciativa é “ofrecer unha visión global, coherente e harmónica no noso casco histórico para evitar que o político de turno elixa os deseños dos espazos públicos e, deste xeito conseguir unha imaxe de continuidade evitando os parches socialistas”.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 16, 2020 - 04:13 PM

    Unha boa idea

    Reply
  2. José Manuel González Díaz
    Xan 16, 2020 - 01:28 PM

    Pois, poñanse a sachar, a que esperan.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com