Carballo quere potenciar e dinamizar o rural para fixar poboación e xerar emprego e riqueza

O alcaldable do PP, Ramón Carballo, quere que as parroquias do rural sexan para todos e, por iso, ten “claro” que dende a alcaldía un dos obxectivos prioritarios é a dinamización do rural para que sexa atractivo para asentar empresas e así xerar emprego, riqueza e fixar poboación.

Neste senso, o candidato do Partido Popular ten previsto aumentar ao 95% as bonificacións para as solicitudes de licencias para construción de explotacións agrícolas e gandeiras co obxectivo de impulsar a actividade agrogandeira. Ademais, quere poñer en marcha un programa de mobilización de terras e parcelas, de propiedade municipal abandonadas e improdutivas, para que os veciños das parroquias as poidan utilizar potenciando as actividades  agrogandeiras e forestais.

“Temos que facer que o rural sexa atractivo e por iso temos que buscar novas estratexias para impulsar a actividade económica e o emprego nestas zonas”, afirmou.

Medidas que acompañarán o pulo que o alcaldable popular quere dar ás pequenas producións agrícolas para que sexan “o complemento” económico para as explotacións agrarias, xa que axudará a os mercados dos martes e dos venres da praza de abastos, xa que poderán vender alí os seus produtos.

Carballo tamén quere que a zona rural sexa un receptor de turistas para o que impulsará as parroquias como destino turístico cunha liña de axudas para fomentar a recuperación de núcleos así como a potenciación do Camiño Primitivo aproveitando as sinerxias do Xacobeo 2021, ademais de promover e dar a coñecer o patrimonio cultural e as rutas de turismo e de esparcimento nos contornos fluviais.

Como acompañamento destas medidas, Ramón Carballo presenta outras como a creación do primeiro Centro de día no rural estudando a viabilidade de establecer este servizo nalgunha das Escolas Rurais que hai na actualidade en desuso e un sistema de transporte a demanda mediante convenio con taxistas e outros profesionais do sector do transporte.

O popular quere esquecer que é preciso reforzar a recollida de lixo, sobre todo no verán, e aumentar a frecuencia de paso xa que na actualidade os camións retiran os desperdicios unha vez á semana.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Sarainha Chinaski
    Mai 16, 2019 - 07:00 PM

    Non o fixeron en 40 anos, vano facer agora.
    Idevos pa casa, sodes o cáncer do país.

    Reply
  2. Avatar
    José Manuel González Díaz
    Mai 15, 2019 - 09:38 PM

    Estes, en cuatro anos non volven pisar o rural, hipocresía pura. Nin caso todo mentira.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo