Carrefour terá que facer indefinidos contratos eventuais logo dunha denuncia da CIG

O Centro Comercial Carrefour de Lugo verase na obriga de converter a indefinidos contratos eventuais logo de que a CIG puxera unha denuncia ao hipermercado ante Inspección de Traballom no pasado mes de xuño. A denuncia viña dada ante o fraude na contratación, coñecido pola empresa, mediante un sistema de contratacións eventuais rotativas para cubrir postos estructurais, fundamentalmente pertencentes ás seccións de Gasolineira e Caixas.

Tras a actuación da Inspección de Traballo, Carrefour viuse na obriga de converter xa varios contratos deste tipo en indefinidos. Desde a CIG alédanse de que a empresa comece a corrixir esta situación, e instan a Carrefour a que regularice a indefinidos a todas as contratacións en fraude que teña. A Sección Sindical da CIG advirte que estarán vixiantes e “en alerta” para que estas situacións de fraude se volvan a producir.

Igualmente desde a sección Sindical da CIG lamentan que Fetico, sindicato con maioría no comité de empresa non tivera dado ningún paso
na defensa destes traballadores e traballadoras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo