" />

Carta aberta a D. Alberto Núñez Feijoo

Sr. Presidente,

A Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo e a Plataforma GALICIA BALEIRA (formada pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo e a Federación de Asociacións de Veciños “ Limiar” de Ourense), levamos meses reivindicando unha substancial mellora nos servizos de telefonía e internet, de forma especial no referente ás necesidades do medio rural nesta materia, onde por desgraza tivemos, temos e teremos miles de persoas confinadas (pola pandemia) en aldeas das nosas provincias, onde o corte de comunicacións telefónicas é algo constante pola cantidade de zonas escuras, ao que engadimos múltiples casos onde non existe cobertura ou esta é tan mala que non pode ser utilizada (sendo en moitos casos moi deficiente a cobertura da rede telefónica base), co cal o illamento é total se temos en conta o uso desmesurado que hoxe día se fai das redes en todo o país, que chega a saturar o ancho de banda dispoñible en moitos lugares. Todo isto provoca: que os cidadáns do medio rural non poidan contactar se están illados, cos provedores de servizos requiridos para a xestión das súas explotacións agrarias e gandeiras. Que non poida levar a cabo o Teletraballo que a Xunta, as Deputacións, os “ Concellos” e outros entes públicos ofertan.

 

Que non se poida levar ao medio rural o ensino en liña, que vén ofrecendo a través do programa Abalar . Cantos alumnos do Medio Rural pode facer uso deste tipo de ensinos? Mentres en Galicia temos miles de alumnos matriculados en ESO, bacharelato e formación profesional e aparte, ao redor de 200.000 alumnos de infantil e primaria que non terán equipamento e onde a pesar do traballo dos seus profesores interactuando cos pais ou titores na maior parte dos casos a pesar das dificultades a través dos seus teléfonos móbiles, buscando ás veces un punto de cobertura. Son difíciles incluso as comunicacións e demandas aos servizos sanitarios, ao 061 e ao 112 e mesmo difícil o contacto coas Forzas de Seguridade do Estado. Á vista da situación solicitámoslle que: a Xunta de Galicia a través de AMTEGA (con escaso orzamento para poder promover cambios nas infraestruturas de comunicación) e engadindo un traballo sen límites das Vicepresidencias da Xunta de Galicia.

Póñase en marcha un plan a curto prazo e de acordo con todos os provedores de telefonía, para levar a cobertura telefónica en condicións aceptables a toda a xeografía galega e que igualmente todo o rural poida gozar dunha rede da internet de polo menos 50 Mbps, sen zonas escuras; falamos de implicación de todos os provedores de Telefonía e servizos, xa que se as negociacións son só cun, o servizo podería representar só o 25 % da poboación, xa que cada usuario ten a súa propia compañía).

Na provincia de Lugo levamos a cabo un estudo exhaustivo onde pode ver as carencias municipio a municipio tanto en Telefonía como en rede de datos.

Lugo ao 7 de novembro de 2020.

Comisións Executivas de: Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo.

Plataforma “GALICIA BALEIRA”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo