" />

A Casa da Muller atendeu máis de 560 consultas por violencia machista en seis meses

A Casa da Muller de Lugo atendeu 1.631 consultas no primeiro semestre do ano, un 36% (593) de asesoramento xurídico, principalmente sobre dereito de familia e xustiza gratuíta, e preto dun 35% (564) vinculadas á atención de vítimas de violencia de xénero. Así se extrae do balance de actividade da Casa da Muller, que esta mañá deu a coñecer a concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, no marco dunha xuntanza do chamado Foro da Igualdade.

O Foro de Igualdade tamén coñeceu da man dos técnicos municipais o protocolo de acceso á Rede Galega de Acollemento para Mulleres que sofren Violencia de Xénero, que conta con 6 centros en Galicia, que busca unificar criterios de acceso e actuación ás vítimas e que garante a atención 24 horas ao estar centralizado en Santiago de Compostela.

Por outra banda, este órgano colexiado do Concello acordou elaborar un protocolo, coordinado pola Casa da Muller, para garantir accións inmediatas de repulsa ante casos de violencia machista ou calquera outro tipo de discriminación, así como accións ante o posible tratamento ofensivo das vítimas por parte dos medios de comunicación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo