" />

A Casa Museo Manuel María amplía o seu horario de visitas ata o 1 de outubro

A Casa-Museo Manuel María abrirá co seu horario de verán dende o vindeiro luns 1 de maio e até o próximo 1 de outubro. Desta maneira quen a queira visitar e coñecer a persoa e obra de Manuel María pode facelo os sábados, domingos e festivos de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30 horas.

A Casa-Museo tiña programadas para esta fin de semana dúas actividades musicais no seu auditorio. A primeira, foi hoxe sábado, ás 18 horas, para os máis novos e as súas familias, no que puideron desfrutar dun concerto do grupo de música infantil Pirilampo que presentará o seu último traballo, Teatro de guiñol, nun concerto coorganizado pola propia Casa-Museo e as ANPAS dos CEIPs Laverde Ruíz de Outeiro de Rei e Otero Pedraio de Rábade.

A segunda das actividades que se levará a cabo na Casa-Museo Manuel María será un un pequeno concerto de balde do grupo vocal Lugh. Esta actividade terá lugar mañá, domingo, ás 13 hrs, e durante o concerto intercalaranse poemas de Manuel María ou sobre a súa figura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo