Castiñeira insta á Deputación a promover actividades de cantería nas instalacións cedidas por Manuel Mallo

O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, vén de instar ao executivo provincial a executar o proxecto anunciado pola Deputación para promover actividades relacionadas coa cantería nas instalacións cedidas polo escultor Manuel Mallo, en Begonte, ao patrimonio provincial, que a institución herdou de Suplusa.

Para Castiñeira “é unha pena”, dixo, que o Goberno da Deputación “non poña en valor as parcelas e o patrimonio” que fora da Sociedade Urbanística. Castiñeira lembra que os populares pediron poder acceder ás naves de Suplusa para saber como están e o goberno da Deputación denegou o acceso, porque, en opinión do popular, nin o propio goberno coñece o estado destas instalacións. O PP pide que canto antes se poñan mans a obra, para poñer en funcionamento as naves de Manuel Mallo antes do 2023, “cando o escultor cumpriría 100 anos”.

“Hai que recordar que no 2023 Manuel Mallo cumpriría 100 anos. Esas naves deben estar funcionando para entón, pero ao ritmo que vai a Deputación non sabemos se para ese ano estarán operativas. Dende logo, se aplica o ritmo da área fluvial de Augas Mestas, da Casa da Botica ou da Casona do Incio, tampouco no 2023 imos ter funcionando este taller; é un ano para facer cousas e tratar de celebrar ese aniversario con diferentes actos, e, o máis importante, con actividade formativa nestas naves, como anunciou a Deputación de Lugo reiteradamente, pero nada fixo ata o momento”.

Novas relacionadas

  1. Anónimo
    Mai 28, 2021 - 07:28 PM

    Eiii abride non somos do APLU🤣🤣

    Reply
  2. Anónimo
    Mai 28, 2021 - 05:04 PM

    ¡ fisgóns !

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com