Catania e Lugo continúan estreitando lazos con intercambios educativos

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, recibiu este martes, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, a un grupo duns 18 alumnas e alumnos dun centro educativo de Catania que participan estes días nun intercambio estudiantil e cultural co instituto lugués Ánxel Fole. No enconto, ao que tamén asistiron dúas mestras do centro italiano e profesores do centro de Lugo, a edil deulles a benvidade e explicoulles os distintos atractivos da cidade, dende os tres Patrimonionios da Humanidade, á gastronomía e alternativas de lecer. Tamén lles pediu que contaxiaran aos seus veciños e veciñas para que coñeceran Lugo.

Un ano máis, o centro italiano escolle Lugo para promover este tipo de intercambio, que impulsa o coñecemento de aspectos culturais e sociais entre ambas as cidades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo