" />

Catro detidos por unha plantación de marihuana en Ourol

A Garda Civil vén de deter na localidade de Ourol a catro veciños de Viveiro de entre 32 e 55 anos como presuntos autores dos delitos de cultivo de drogaas e defraudación de fluido eléctrico.

Os axentes tiveron coñecemento en setembro dunha posible defraudación de fluido eléctrico nunha vivenda do termo municipal de Ourol. Así, a compañía distribuidora apercibiu unhas perdas que rondaban os 1100 euros durante os meses de xuño e xullo.

Así, a Garda Civil iniciou unha investigación grazas á cal, puideron observar como varias persoas accedían ao interior da vivenda en diferentes horas do día, abandonando o lugar en pouco tempo e, sempre, levando á casa sacos de sustrato ou cubos de pintura. Asemade, na vixilancia realizada os axentes notificaron que, durante as horas nocturnas, a vivenda desprendía unha luz moi potente que permanecía encendida toda a madrugada.

No rexistro domiciliario, os axentes interviron unha instalación profesional destinada, supostamente, ao cultivo de marihuana, na cal utilizaban lámpadas reflectoras con bombillas de 600W , incautáronse asemade 136 plantas de suposta marihuana de distintos tamaños, e detectaron indicios doutra posible instalación desmantelada nun anexo á vivenda.

Durante a investigación, na vivenda verificouse a existencia dunha complexa instalación eléctrica, compatible co fraude á compañía subministradora de electricidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo