CC.OO. esixe a reposición da financiación recortada ao correo público

CCOO, sindicato maioritario en Correos, anunciou hoxe nun comunicado que se opón ao “tirexetazo” do 70% da partida orzamentaria destinada á prestación do servizo postal público que Fomento e Facenda queren aplicar a Correos nos Presupostos Xeráis do Estado (PXE) de 2017.

O sindicato, que xa criticara no inicio do debate dos PXE o recorte dun tercio do finanzamento, e de medio millón máis “para enxuagar os acordos políticos”, considera que a eliminación doutros 62 millóns de euros, suprimindo así 123 millóns dos 180, “é inadmisible, inexplicable e carece de xustificación algunha nun servizo que se verá recortado en case un 70% e que xa era claramente deficitario”.

Comisións Obreiras, afirma no seu comunicado que “Fomento e Facenda estanse subastando Correos para salvar os PXE” e incide en que este “ataque directo á empresa postal pública ten o obxectivo de levar á quebra a Correos“. O sindicato considera que a gravidade do recorte radica en que Correos é unha empresa presente en todos os núcleos de poboación e que exerce un papel fundamental na vertebración territorial, social e económica, unha labor social e de país, que poderían “ver truncada millóns de cidadáns ao ver como a empresa queda reducida ou incluso privatizada mentres se eliminan miles de postos de traballo”.

O sindicato maioritario en Correos esixitá a restitución completa da partida orzamentaria que se quere recortar e unha discusión integral sobre o Plan de Prestación do Servizo Postal Universal, pendente dende fai máis de seis anos e que CC.OO. cuantifica cercano aos 300 millóns de euros. En caso de non cumprirense estas esixencias, o sindicato anuncia que “a mobilización está garantida” coa conseguinte convocatoria de folgas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com