Tras o levantamento do decreto de hibernación, “estase expoñendo a riscos graves e inminentes ao conxunto de traballadores e traballadoras de sectores esenciais tales como: funerarias, seguridade privada , limpeza hospitalaria, axuda a domicilio e recollida de residuos”.
Para CCOO é vital que “se realicen as probas a tódolos traballadores e traballadoras, sen discriminar ninguna categoría profesional e sen exceptuar ningún caso (sintomático ou non) para actuar de modo preventivo e non por en risco a saúde dos profesionais amais de tratar de conter e erradicar a pandemia”.
O mundo laboral “xa se viu suficientemente afectado por esta pandemia (reducións de xornada e salario, ERTEs, despedimentos…), polo que desde CCOO non imos permitir que tamén teñan que pagar coa súa saúde e por en risco”.