CD Lugo 0-0 Real Zaragoza

Táboas. O CD Lugo empatou o seu partido o sábado co Real Zaragoza, sen goles no marcador. O equipo de Milla segue sen coñecer a derrota. O partido supoñía un desafío para ambos os conxuntos nunha tarde na que os dous contendentes tiñan moito en xogo sobre o verde do remocicado Anxo Carro. O Real Zaragoza, en situación de necesidade, chegaba a Lugo coa única meta de tres puntos que aliviasen unha situación clasificatoria complicada.

Pola parte local, o obxectivo de conservar a liña de resultados en casa, baluarte do bo arranque ligueiro dos de Milla. Primeiros minutos de escaso control, con chegadas para ambos os equipos, aínda que co CD Lugo demostrando máis pouso e dominio no xogo que o seu rival, con posesións amplas e de bo desenvolvemento desde portería.

En crecemento constante. Esa é a valoración final que Luís Milla facía do seu equipo ao seu paso por sala de prensa ao termo do choque contra o Real Zaragoza. Satisfeito cos seus xogadores por un traballo completo e intenso durante os noventa minutos que levou ao CD Lugo a sumar un punto máis ante un dos candidatos ao ascenso a Liga BBVA.

O técnico puxo en valor a adaptabilidade do seu equipo fronte a sistemas cada vez máis traballados na desactivación dos seus resortes de xogo, e apunta a esa implementación como clave para entender a mellora progresiva. “Sorprendeunos a presión tan alta desde o inicio. Non soubemos xestionar esa situación e tivemos dificultades. Na segunda parte puidemos alargarlles máis e creo que terminamos mellor que o rival. Gozamos de oportunidades para facernos co partido, e aínda que eles tamén tiveron opcións claras, nós temos a José Juan que estivo magnífico. A bancada estivo moi ben. Demandaramos esa necesidade de apoio, que estivesen no partido, e eles cumpriron. Agradézolles moito a súa presenza.”

“Queriamos dominar o partido a partir dos nosos medios, mesmo co apoio de Igor, buscando o centro. Pero aí estiveron agresivos na marca, cambiaron o sistema habitual, xogando a expensas da nosa acción, e non foi fácil. Na segunda parte xestionamos mellor os tempos. Creo que a xente viu o sacrificio dos seus xogadores, o esforzo, traballouse moi ben. Deuno todo, e entendo que poden irse satisfeitos a pesar de que foi un partido sen goles. Levamos varios partidos nos que nos están contrarrestando ben. Pasou en Leganés, é normal. Démolo todo, quedo co traballo realizado ante un dos candidatos ao ascenso”, sinalou Milla.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com