Centros de día – Centros de Maiores, a gran débeda social cos lucenses

Dende a Federación de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo observamos a indiferenza con que se trata o gran problema social que afecta a Lugo, onde un gran número de persoas de idade avanzada ou con problemas neurolóxicos, de mobilidade, de dependencia, e de acompañamento, sofren de soidade, especialmente cando as súas familias teñen que atender as súas obrigacións laborais.

É imprescindible blindar estes servizos para que sexa quen sexa o goberno responsable, non os abandone nin os privatice, teñen que ser servizos públicos de xestión integramente pública, porque o envellecer ten que ser algo digno.

A Federación entende que en Lugo estamos nun momento crucial, pola cantidade de poboación envellecida e que vive en soidade, sen ter o mínimo indicio de dispoñer dunha praza en ningún dos centros públicos que existen na cidade (non falamos dos privados, que son un negocio disposto a obter o maior número de beneficios e non a mellor calidade de vida dos seus usuarios a pesar das tarifas desmesuradas que deben de abonar mensualmente).

Lugo dispón hoxe dun gran espazo e duns locais libres que poden cumprir en case a totalidade as demandas existentes na capital de provincia, referímonos ás instalacións que ocupaba ata fai moi pouco a Asociación de ASPNAIS sitas na Rampla de Claudio López desta cidade, con amplas instalacións que permiten o facer grupos de persoas segundo a súa temática ou doenza e ao tempo dispoñer de lugares para talleres de lecer ou zonas de paseo ao aire libre. Por iso, interesamos da Consellería de Política Social (como propietaria das Instalacións) e coa colaboración dos servizos sociais municipais, tomen a decisión URXENTE de dar un novo uso a estas instalacións, que tamén poden dedicar unha parte importante delas para uso Xeriátrico se a demanda así o require, iso si, sen esquecer que esta Federación require tamén o uso como Xeriátrico dos espazos sen uso no antigo Hospital de Calde e ao que tampouco renunciamos, pola desmesurada escaseza de prazas públicas, a actual situación pandémica demóstranos que os establecementos de xestión privada, xogan en clara desvantaxe ante calquera eventualidade polas deficiencias de persoal e servizos. No Concello de Lugo, levamos máis de 40 anos sen creación de prazas públicas en Residencias, isto non é admisible por ser un dereito innegable. Como dicimos, queremos un cambio total en política social.

Federación de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com